No 2000 empecei a facer ioga, foi amor a primeira vista.. Dende enton sigo sentindome sempre como principiante… O ioga proporcionoume unha serie de recursos que non atopara na licenciatura en Educación física , e tamén na rama terapéutica que era o meu ámbito laboral. Estiven un ano en Madrid co Dr Knapp facendo Escola de Columna.
Como alumna de ioga foi o ioga Iyengar a miña base, nos Centros de Yoga Iy

engar : Madrid, Barcelona, e sobre todo como alumna de Sergio Ruiz , no de Vigo. Outros estilos que me atraparon foron o ashtanga e o vinyasa.
A miña primeira formación foi de Hatha Ioga en India, no Yoga Vidya Gurukul, e a seguinte de Hatha Vinyasa co centro YogaRoom de Barcelona ( E-RYT-200 h), con Amelie Prema Guita.
Despois de recorrer o mundo ensinando e aprendendo sobre o meu oficio , decidin voltar a Compostela, no 2010, e montar o meu centro de ioga: ALMAZEN.
Este centro medrou moito, agora somos un equipo, pero seguimos ensinando ós nosos
alumnos , traendo diferentes mestres e organizando tanto retiros, cursos como a nosa propia formación de monitores Hatha Vinyasa Ioga (E-RYT 200 h.)
Colaborei coa Universidade da Coruña impartindo sesións específicas de ioga para a muller, e escribin un artigo a través de ese organismo donde abordo as fases do ciclo ovárico e a práctica adaptada.
Tamén colaborei durante 2 anos co hospital Abente y Lago da Co
ruña nunha investigación sobre «A influencia da práctica de ioga no cancro de mama». Isto fixome aprender moito, e sigo impartindo clases de ioga a pacientes oncolóxicos de forma altruista, no meu centro de Ioga. Tamén ás veces imparto charlas sobre o tema

