O vindeiro 15 de setembro estarei rodeada de moi boas profesionais.
No mundo do deporte e da actividade física en xeral o modelo androcentrista é o predominante. Por iso o vindeiro 15 de setembro outras profesionais do deporte e máis eu estaremos intentando dar un pouquiño de luz á hora de cómo hai que empezar a cambiar estes modelos: as diferencias fisiolóxicas, as diferencias sociáis, as diferencias de alimentación,…
Eu falarei dos cambios que acontecen en cada fase do ciclo ovárico a nivel fisiolóxico, e cómo podemos adaptar a nosa práctica física dunha maneira óptima para obter un maior benestar e rendemento. Gustaríame poñer un pouco de claridade en canto a cómo planificar o adestramento e asemade que coñezamos o baile cíclico no se que se ve inmerso o corpo das mulleres cada ciclo .
Anímate a compartir con nos estas xornadas nas que disfrutaremos dun encontro entre profesionais ilusionados por aprender e compartir


